Patrimonio comprométese a rexeitar calquera proxecto eólico que afecte aos Penedos de Traba e Pasarela

Levou o deputado do BNG, Daniel Pérez unha petición ao Parlamento Galego pedindo ao goberno “denegar a autorización” de dous proxectos eólicos previstos na comarca da paisaxe protexida dos Penedos de Pasarela e Traba nunha superficie de 212 hectáreas entre os concellos de Laxe e Vimianzo, “no corazón da Costa da Morte”.
A formación dos Penedos vese ameazada por dous proxectos eólicos, o de “Monte Chan” e “Pena dos mouros” coa instalación de 9 aeroxeradores e 7 turbinas máis, respectivamente e afectando dous aeroxeradores a penedos míticos como a “Cachucha” e a “Pena dos mouros”.
Tras a intervención do deputado carballés, a Directora de Patrimonio Natural, Belén Docampo trasladou ao nacionalista o compromiso da Xunta de Galiza de rexeitar calquera proxecto eólico cunha avaliación ambiental, visual e socioeconómico negativa.
A Directora de Patrimonio asegurou que os proxectos eólicos están nunha fase inicial.