Venres. 03.12.2021
El tiempo

O PP rexeitou no Parlamento unha enmenda para paralizar os Penedos de Traba e Pasarela

Marta Novoa e XDaniel Perez na Comision do Parlamento
Marta Nóvoa e Daniel Pérez na Comision do Parlamento
O PP rexeitou no Parlamento unha enmenda para paralizar os Penedos de Traba e Pasarela

A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo acollía onte un tenso debate arredor dos novos proxectos eólicos que afectan directamente aos Penedos de Traba e Pasarela. Uns proxectos que contan cun gran rexeitamento social e do sector empresarial, pero que continuarán cos seus procesos administrativos.

Así quedou claro tralo rexeitamento do PP á enmenda presentada polo BNG para que Xunta denegue a autorización dos parques de Monte Chan e Pena dos Mouros. Foi o deputado carballés do BNG Daniel Pérez o que defendeu na súa intervención a moción ao considerar os proxectos “unha auténtica navallada no corazón mesmo dos penedos”, “un espazo da Costa da Morte cunhas particularidades únicas no mundo”.

”Pedimos unha declaración de vontade, de compromiso, dunha Xunta de Galicia que nos ten acostumada á política de depredación do país en favor dos oligopolios enerxéticos”, retou Pérez que acusou ao PP de ir “vendendo Galicia a multinacionais cachiño a cachiño”.

O socialista Martín Seco apoio a enmenda cos argumentos ambientais na man, pero a intervención da popular Marta Nóvoa deixou clara a intención do PP, que unicamente se dirime aos trámites burocráticos e á Declaración de Impacto de Ambiental. Se be recoñece o alrto valor paisaxístico da zona, e lembrou a recuperación do mes pasado do Plan de Conservación dos Penedos (que levaba 12 anos no caixón), deixou claro que "Os proxectos hai que tramitalos”.

NOVAS SOBRE OS PENEDOS DE TRABA E PASARELA

comentarios