Venres. 29.03.2024
El tiempo

A veciñanza tamén dixo non aos Eólicos sobre os Penedos

Marcha polos Penedos de Traba e Pasarela
A veciñanza tamén dixo non aos Eólicos sobre os Penedos

Foi un día de susto o domigo, co incendio que arrasou media hectárea de monte raso na zona de Pena Forcada, en plenos Penedos de Traba e Pasarela. Só un día despois da Marcha Polos Penedos, convocada co gallo do 15 anivesario da marcha celebrada contr a a canteira que se intentou abrir en 2006.

Daquela era a canteira a inimiga, desta volta son os viraventos. Daquela a sociedade civil non tiña clara a súa postura; este sábado foi a propia veciñanza, a que encabezaron esta loita contra a invasión dos xigantes enerxéticos. Foron unhas 200 persoas as que asistiron tralas pancartas “Plataforma os veciños de Pasarela”, a Plataforma Salvemos os Penedos ou “Eólicas así NON”. Toda a marcha desenvolveuse nun ambiente mfestivo, pero ao mesmo tempo reinvindicativo.

Unha vez na Ferida, a pedra que sufriu as consecuencias das máquinas hai 15 anos antes da paralización do proxecto, Iolanda Insua, unha mestra de Pasarela, presentou o acto. Dou paso aos representantes de Pasarela, Calo e Traba, á actuación musical de Gala, unha moza de Pasarela que toca o violín, e a Juan Ramón Vidal Romaní, que de un un repaso histórico da importancia deste espazo, antes da lectura do Manifesto feita por Rosalía Fernández Rial.

Todas as intervencións resaltaron a o importante que son os Penedos para as parroquias de Calo e Traba, pero tamén para a Costa da Morte. “Obras milenarias da natureza, que lle dan identidade ao territorio, pero que tamén lle aportan riqueza económica”, destacaron.

Non faltaron, como na marcha poética, os gaiteiros da asociación Trubisquiña de Vimianzo, que recibiron con música aos participantes e tocaron o himno galego, ao final do acto.

NOVAS SOBRE OS PENEDOS DE TRABA E PASARELA

Comentarios