Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Piden o arranxo da estrada a Carnés

Fochancas na estrada de Carnes
Piden o arranxo da estrada a Carnés

É a vía de entrada a Carnés dende a AC-552, e tamén un atallo para moita xente que vai dende a comarca de Fisterra cara Camariñas. Pero o seu estado é bastante deficiente, segundo denuncia a responsable local do BNG en Vimianzo. Lorena Suárez, vén de rexistrar unha petición ao goberno para que asuma o arranxo da vía que enlaza Carnés coa comarcal A Coruña.

”A vía atópase moi deteriorada no seu primeiro tramo até Santa Cristina, acusando o continuo tránsito de vehículos de gran tonelaxe debido á existencia dunha empresa de transportes e traballos agrícolas”, explica. “Por isto, é preciso a mellora integral nese tramo, así como o reforzo de seguridade vial para advertir a viandantes e vehículos dese transporte pesado”.

Sinala que no segundo treito, o que une a capela da aldea de Santa Cristina ata o mesmo Carnés, “a estrada presenta un mellor estado, sendo necesario igualmente unha profunda reparación nalgúns puntos”.

Comentarios