Sábado. 04.05.2024
El tiempo

O pleno de Vimianzo aproba investimentos por un medio millón de euros

  • A sesión de onte no Concello tamén aprobou os festivos para 2024, onde se acordaron os festivos locais para o 2024: o 22 de xaneiro e o 12 de
agosto .
Casa do Concello de VImianzo
Casa do Concello de VImianzo
O pleno de Vimianzo aproba investimentos por un medio millón de euros

O Concello de Vimianzo aprobou, por unanimidade, no pleno de onte intervencións futuras por valor de máis de medio millón de euros (507.785 euros), entre as que destacan:

  • A creación dun parque infantil en Carnés, coa achega de 33.879,99 euros por parte da Xunta de Galicia, do total de 48.399,99 euros do montante do proxecto;
  • Melloras a impulsar para mellorar o medio ambiente para os concellos de Dumbría e Vimianzo, un proxecto que supón un total de 47.129,50 euros e dos que 30.634,18 euros serán achegados tamén polo ente autonómico;
  • A mellora da eficiencia enerxética do polideportivo de Vimianzo, o proxecto de máis envergadura, un total de 266.751,93 euros e no que se financiarán 140.000 euros enmarcados no Fondo de Cooperación Local destinado aos concellos de Galicia con poboación inferior a 15.000 habitantes habilitada pola Xunta de Galicia;
  • A pavimentación da estrada de Reboredo, cofinanciada con FEADER no marco do plan estratéxico da PAC 2023-2027 en réxime de concorrencia non competitiva, por un total de 97.127,78 euros e dos que se subvencionarán 78.966;
  • O acondicionamento da pista de adestramento ou atletismo, que supón 48.375,8 euros e dos que 38.700,64 euros serán aportados pola Xunta de Galicia. A instalación estará homologada coas medidas correspondentes.
    Dentro deste último proxecto cabe destacar que tamén se instalarán dous novos banquiños, unha portería e adquirirase un novo desfribilador acorde á normativa. Un total de 9.234,84 euros en novo material.

 

Festivos locais

Na sesión, tamén se acordou que os festivos locais do vindeiro ano 2024 serán o 22 de xaneiro, San Vicenzo, e o 12 de agosto.

Comentarios