Venres. 29.03.2024
El tiempo

Posible solución para as edificacións ilegais en Vimianzo, entre novas protestas dos afectados

Posible solución para as edificacións ilegais en Vimianzo, entre novas protestas dos afectados
O alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, ven de anunciar que confía en poder remitirlle nos vindeiros días á Xunta de Galicia a modificación puntual número 6 das normas subsidiarias. Manuel Antelo alcalde e candidato do BNG de Vimianzo Manuel Antelo, alcalde vimiancés Con esta modificación se redilimitan os núcleos de Bamiro, Tines e Treos e se agarda lograr así grandes melloras para o conxunto da veciñanza dado que estos cambios  poñeran dentro do ordenamento unha serie de edificacións que, no seu momento e por diversas circunstancias, estaban fóra da lei. É coñecido o caso da vivenda de Bamiro, construída, din desde o concello,  "contraria a unha licenza, en solo rústico e que nestes momentos ten unha orde de derrubo da Xunta de Galicia e multas coercitivas ata que a faga efectiva  o seu propietario". Esta vivenda terá a posibilidade de legalizarse no caso de que esta modificación saia adiante. Aparte dos casos concretos esta modificación puntual benefiará ao conxunto da veciñanza, por exemplo coa legalización do novo cemiterio de Tines ou coa incorporación de novos equipamentos públicos. Tamén facilitará a construción de novas edificacións e, sobre todo, a rehabilitación de vivendas tradicionais. No seu momento o alcalde dará a coñecer o contido desta modificación das NNSS a todos os veciños e veciñas, unha vez que a Deputación lle remita oficialmente a proposta. O alcalde de Vimianzo tamen quere manifestar que considera inxusto que se organicen protestas contra o Concello de Vimianzo xa que, afirmou, "xunto coa Deputación da Coruña, é a única administración que está traballando e sentando as bases, con moito esforzo, en plantexar unha solución para que a vivenda de Bamiro non sexa derrubada, para que esta vivenda poida entrar dentro da legalidade urbanística". "Non se entende", dixo Antelo, "como se convoca unha concentración contra o alcalde de Vimianzo a non ser que se procuren outro tipo de obxectivos. Obxectivos de tinte claramente político como se pode entender da participación do representante de Terra Galega, que foi o responsable municipal de que a casa de Bamiro estea na situación na que está, xa que era o encargado de velar porque esta casa se construíra conforme a dereito. Recordemos que o Sr. Rodríguez Blanco foi concelleiro de Urbanismo durante o goberno do anterior alcalde Sr. Rodríguez Lema, que foron quen concederon a licenza para construír esta vivenda. Non se entende logo que o SR. Rodríguez Blanco estea agora intentando crear follón a custa, ben do descoñecemento dalgunha xente ou ben amparando outro tipo de intereses e enganando á cidadanía". O rexedor vimiances tamen dubida que, para quen queira salvar a súa casa do derribo, escolla como mellor camiño o de erosionar e desgastar a quen está movendo todas as pezas para que isto non suceda. Para o alcalde, afirman desde o concello, resulta chamativo que non exista ningunha crítica nin ningún tipo de reproche, nin sequera petición algunha ao Partido Popular nin á Xunta de Galicia, que ao fin e ao cabo son titulares da administración que ditou a orde de derrubo, a está executando e a administración que está impoñendo as multas coercitivas. O alcalde pregúntase porque non lle solicitan á Xunta de Galicia que paralicen a orde de derrubo, tal e como fixo, varias veces e por escrito, o alcalde de Vimianzo. Casa de Bamiro-Vimianzo sobre a que pende unha orde de demolicion Casa de Bamiro sobre a que pende unha orde de demolicion En ningún caso, continua o comunicado, o Concello de Vimianzo ten ningunha responsabilidade directa neste tema e moito menos o actual alcalde. Haberá que preguntarlle ao concelleiro que, no momento de outorgar a licenza tiña as responsabilidades en urbanismo, porqué consentiu que se fixera esta casa en solo rústico, porqué consentiu que seguira adiante cando foi advertido de que estaba nunha situación de ilegalidade e porqué non moveu nin un só dedo para evitar a situación na que estamos agora. Tratan de desviar a atención dos verdadeiros responsables, que non son outros que os anteriores gobernantes e concretamente quen ocupaba a Concellería de Urbanismo. O alcalde de Vimianzo quere tamen que a veciñanza saiba que, "en ningún momento", esta manifestación vai a contribuír a solucionar ningún problema porque precisamente está convocada para atacar ás persoas que están traballando decididamente, a tempo completo, para sacar adiante a modificación puntual que podería darlle unha solución a este caso. Por último  o rexedor quere agradecerlle á Deputación da Coruña a súa colaboración e o seu compromiso nun asunto de moitísimo interese para todas as veciñas e veciños xa que as melloras desta modificación puntual das NNSS, "non son para un veciño en concreto senón para toda a veciñanza desas parroquias".  

Comentarios