mércores. 30.04.2025
El tiempo

QPC fai entrega en Santa Comba do material deportivo colleitado no Partido Solidario do Fútbol da Costa

QPC fai entrega en Santa Comba do material deportivo colleitado no Partido Solidario do Fútbol da Costa
Alberto Pose de QPC facendo entrega da roupa deportiva a alcaldesa de Santa Comba

Outra xornada especial relacionada co Fútbol da Costa tivo lugar esta mañá de luns en Santa Comba. O Pazo, como se lle coñece ao Museo Terra do Xallas, acollía a simbólica entrega do material deportivo para os nenos das familias con menos recursos, mercados cos cartos recadados no Partido Solidarioda Selección da Costa co Coruxo, organizado o diario dixital Quepasanacosta, ca colaboración da Cruz Vermella, Ferroatlántica e os Servizos Sociais do Concello de Santa Comba.

Despois da entrega da roupa para as familias de Vimianzo, Alberto Pose, en representación de QPC, facía entrega á alcaldesa xalleira María Pose, ademais responsable dos Servizos Sociais antes de tomar o bastón de mando municipal.

Máis de 50 rapaces do termo municipal xalleiro poderán lucir novos chándales este 2015.

E tamén lucirán uns moi especiais. Á entrega tamén acodiron Esteban Blanco (actual adestrador do Castriz) e Perfecto, antigos directivos do finado Santa Comba CF. I é que coñecendo a iniciativa, lembraron que quedaban unha vintena de chándales do equipo laranxa sen estrear, polo que decidiron doalos para a causa.

Directivos do finado Santa Comba fan entrega d chandales do club a alcaldesa xalleira

Obxectivos cumpridos

Pechamos así dende QPC uns meses moi especiais, con esta entrega, coa que intentamos dúas cousas: darlle continuidade ao Combinado da Costa que saía das votacións do curso pasado, e ademais facer un acto solidario coma este, para poñer o noso grao de area na mellora das condicións de vida das familias con menos recursos da volta.

Lamentamos a falta de atención de varios medios de comunicación ante un acto solidario coma este, que ademais engloba a todo o fútbol costeiro. Agradecemos aos Radio Galega e o seu Galicia en Goles, así como ás Radio Nordés e Cadena Ser Coruña por ternos chamado e interesado polo proxecto, e valoramos o desinterese doutros medios que se consideran aglutinadores como un desentendemento do que acontece no noso fútbol, tendo ademais a consideración dun evento solidario.

”Seguimores armando actividades e actividades”, como asegura Alberto Pose.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios