Os Quinquilláns traen unha nova representación ao Castelo

12:41 18/08/22
O Castelo de Vimianzo acollerá o 26 de agosto ás 20:00 horas unha nova actividade dos Quinquilláns. Baixo o título "Terra de Raíñas", trátase o proxecto teatral gañador do 'Fondo de proxectos culturais Reino de Galicia'.
Participarán Tero Rodríguez, Lucho Penabade, Borxa Ínsua e vestiario de Beti Busto, noutra demostración do que bven que funcionan as visitas guiadas no castelo vimiancés.