Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Os Quinquilláns volven ao Castelo na ponte de decembro

Quinquilláns no Castelo de Vimianzo
Os Quinquilláns volven ao Castelo na ponte de decembro

Os Quinquilláns volverán novamente o Castelo de Vimianzo para ofrecer dúas visitas teatralizadas o vindeiro 5 de decembro. Desde a Administración local facilítase un formulario de inscrición para ambos pases, ás 12:30 horas e ás 17:30 horas, que serán de balde e con límite de aforo.

O persoal de turismo contactará coas persoas admitidas para confirmar a súa asistencia. O resto de persoas quedará en lista de agarda. As persoas menores de idade deberán ir acompañadas dunha persoa adulta. Haberá 40 prazas por actuación, sendo necesario cubrir o formulario onlie por cada persoa asistente.

Comentarios