Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Os Quinquilláns volverán protagonizar as visitas teatralizadas ao Castelo durante o verán

VISITAS TEATRALIZADAS Castelo Vimianzo 2023
Imaxe dunha visita teatralizada do ano pasado
Os Quinquilláns volverán protagonizar as visitas teatralizadas ao Castelo durante o verán

Ademais da Mostra de Artesanía en vivo, o Castelo de Vimianzo vivirá este verán unha nova tempada de visitas teatralizadas. 

 Os Quinquilláns serán os encargados de achegar o valor patrimonial da fortaleza a todas as persoas participantes dunha maneira dinámica e entretida durante os domingos de xullo (día 7, 14, 21 e 28), agosto (día 4, 11, 18 e 25) e setembro (día 1, 8 e 15, cando se dará por rematada esta programación estival). Farano en dúas quendas, unha de mañá, ás 12:00 horas, e outra de tarde, ás 17:00 horas.

As visitas son completamente gratuítas e necesitan de inscrición previa para poder asistir. Os menores de idade deberán ir acompañados e acompañadas.

VISITAS TEATRALIZADAS 2024-Castelo Vimianzo

Comentarios