Mércores. 23.10.2024
El tiempo

O Castelo de Vimianzo volve encherse de artesanía en vivo polo verán

ARTESANÍA EN VIVO - VERÁN 2024
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, a concelleira de Cultura, Rosa Blanco, e a técnica municipal desta área, Nieves Lema, reuníronse esta mañá cos artesáns e artesás que levarán a cabo os talleres e presentaron a programación para esta nova tempada.
O Castelo de Vimianzo volve encherse de artesanía en vivo polo verán

A máis completa mostra de artesanía da Costa da Morte dase cada verán no Castelo de Vimianzo. A mostra de Artesanía en Vivo da fortaleza vimiancesa é unha parada obrigatoria para os visitantes, e para que a veciñanza da comarca coñeza as mans máis tecedoras da comarca.

Ademais da presenza de vari@s artesáns traballando en directo en horario de apertura (do 15 de xuño ao 15 de setembro, de 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:30 horas. A última admisión é 15 minutos antes da hora de peche), haberá unha marea de actividades.

OBRADOIROS VERÁN 2024 )_page-0001

O primeiro obradoiro, que se realizará o día 13 de xullo, tratará sobre aprender a encadernar e coser con coiro da man de ASPADEX. O día 20 será a quenda do Obradoiro Lista co seu taller ‘Modela co barro’, co que achegarán a arte da olería de Buño. Por último, o xoves 27, a Asociación Palilleiras As Nemanquiñas ensinará como repenincan os panillos e daranlle a posibilidade de probar esta técnica ás persoas participantes.

As contas de vidro serán as protagonistas do primeiro taller do mes de agosto, que se celebrará o día 3, que contará con Esther Ferreiro ensinando como se realizan con soplete. O día 10 haberá unha nova oportunidade para aprender a panillar coa Asociación As Nemanquiñas, e o 17 para aprender a tecer o liño, nesta ocasión grazas á A.V. O Santiaguiño de Carreira. O día 24 será a oportunidade para coñecer a técnica de trenzar palla, unha especialidade da que a Asociación Arte en palla de Baíñas nos desvelará todos os segredos. Por último, o día 31, volveremos a modelar o barro e coñecer todos os detalles da olería de Buño co Obradoiro Lista.

Chema Suárez será o encargado de inaugurar os obradoiros no mes de setembro. Farao o sábado 7 cunha sesión na que ensinará como se fan as maquetas de barcos. Por último, a Asoc. Amigos do Liño de Galicia ofrecerá unha sesión sobre como fiar o liño o venres 13 de setembro.

Os obradoiros desenvolveranse ás 11:00 horas, agás os do 27 de xuño e 13 de setembro, que serán ámbolos dous ás 17:00 horas. 

Cada taller contará cun total de 12 prazas, a excepción do taller de Contas de vidro, que terá 8. Todos requiren de inscrición previa, que pode formalizarse a través da ligazón habilitada: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSf1cipv4cnAPrRggCXeqtRCtZx3LiHuQVqyou-CZEPEibK8ng/viewform

 

Comentarios