Luns. 29.04.2024
El tiempo

A rapazada de Vimianzo poderá escoller como será “A vila do mañá”

Cartel 'A vila do mañá 2022' en Vimianzo
A rapazada de Vimianzo poderá escoller como será “A vila do mañá”

A xornada lúdico-educativa “A vila do mañá” fará parada este ano en Vimianzo. Xa o fixo en Carballo, promovendo a reflexión urbanística, en base aos xogos, na rapazada carballesa, e tomando nota para deixar patente que é o que queren as nosas crianzas para o futuro da súa vila.

Do 29 de agosto ao 2 de setembro, este singular obradoiro estará instalado en Vimianzo. A localidade soneirá formará parte deste proxecto tras ser seleccionada para a XII BIAU (Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Urbanismo).

“O reto principal deste proxecto é que a infancia e a adolescencia estean presentes de forma activa no proceso de construción dos espazos comúns, dotándoos das ferramentas necesarias para desenvolver a súa creatividade dende a arte e a arquitectura. Deste xeito, a rapazada poderá desfrutar de actividades gratuítas relacionadas ca arte e a arquitectura nas rúas e espazos públicos de Vimianzo a través de seis conceptos: a percepción, o espazo, a paisaxe, a escala, a sustentabilidade, a vila, e con ferramentas coma o punto, a liña o plano e o elemento natural e tridimensional.”

A programación contará cun total de 40 prazas e poderán inscribirse os nenos e nenas nados entre o 2010 e o 2016.
Os obradoiros desenvolveranse de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

Novas relacionadas

Comentarios