Recunchos da Costa: San Bartolo de Salto

09:30 27/07/13

Hoxe escadamos ata un dos cumios (407 m) do Concello de Vimianzo. Na parroquia de Salto atopamos unha capela moi singular, a Capela de San Bartolo, ou Bartolomeu. Dende enriba as vistas son verdadeiramente espectaculares, e podes ollar dende o mar da Ría de Camariñas ata case que a catedral de Santiago.