Remata a historia de pleitos da Casa da Cultura de Vimianzo coa sinatura dun crédito


Así o anunciabanen febreiro: o balance positivo do Concello de Vimianzo permitía solicitar un crédito para pagar o sobrecuste da Casa da Cultura. E así o rubricaron este xoves 22 de marzo, cun crédito bancario asinado polo alcalde, Manuel Antelo, que permitirá o cumprimento da sentenza xudicial para o pagamento da Casa da Cultura.
Cómpre lembrar que a Xustiza obriga ao Concello a pagar á empresa do irmán do ex alcalde un sobrecuste de 855.000€, con intereses, tras duplicar o orzamento inicial sen avisar e tras denunciar ao propio Concello.
Para o alcalde de Vimianzo hoxe é un día importante para o concello xa que “a sinatura do crédito supón un punto e á parte no concello de Vimianzo, permitíndonos acatar a sentenza xudicial que nos obriga ao pagamento da obra realizada a maiores na Casa da Cultura, que viña sendo un lastre para a economía do noso concello” di Manuel Antelo. “Agora á Casa da Cultura tócalle pasar páxina e deixar de ser noticia por cuestións de débedas e comezar a ser noticia unicamente pola actividade cultural que nela se realiza”.
Na sinatura do crédito estiveron presentes a notaria, Ana Belén Mallada, o director da entidade bancaria, Ramón Castiñeira, o secretario, Rafael del Barrio, e a interventora, Eva Casal.
Efectivo
De feito, a golpe de venres 23 de marzo, fíxose efectivo a consignación na conta do concello de Vimianzo do crédito bancario que permite acatar a sentenza xudicial que obriga a cumprir co pagamento da obra realizada a maiores na Casa da Cultura.
Novas relacionadas
- 15-02-12: O Concello de Vimianzo remata o 2011 en positivo e pode solicitar o crédito para a Casa da Cultura.
- 18-11-11: O alto custe da Casa da Cultura de Vimianzo.
- 09-08-11: A Casa da Cultura para pagar a Casa da Cultura.
- 02-08-11: Alejandro Rodríguez elude responsabilidades sobre a Casa da Cultura.
- 01-08-11: Borbujo responsabiliza ao alcalde do pago da Casa da Cultura.
- 15-07-11: IxVimianzo clarexa a súa postura sobre a sentencia da Casa da Cultura e pide austeridade.
- 18-05-11: O PP de Vimianzo pide que o Concello entrege ao Xulgado o expediente da Casa da Cultura tras dous meses de retraso.
- 12-04-11: O avogado do recurso da Casa da Cultura de Vimianzo responde a Carmen Borbujo.
- 24-11-10: O pleno de Vimianzo acorda recorrer a sentenza da Casa da Cultura.
- 15-11-10: O Concello de Vimianzo terá que pagar 740.000€ ao irmán do Alcalde pola Casa da Cultura .
- 24-04-09: A empresa do irmán do alcalde de Vimianzo cobrou ao concello ao triple do prezo de mercado.
- 25-08-08: A Casa da Cultura vai ao xulgado.
- 20-08-08: Adxudicadas as últimas obras da Casa da Cultura de Vimianzo.
- 04-08-08: A Casa da Cultura de Vimianzo aínda non está rematada.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa do Concello de Vimianzo.