Santa Comba e Vimianzo acollen novas citas gandeiras

Falabamos onte das Xornadas Polo emprendemento cooperativo no rural costeiro que terán lugar en Mazaricos a medidados de mes. E hoxe damos conta de dúas novas citas agrogandeiras.
Poxa de Xovencas en Santa Comba

Arrinca o completo mes de marzo en Santa Comba. E o fai en clave gandeira coa XVII Poxa de Xovencas de Raza Frisona, unha das citas másis esperadas polos gandeiros da volta cada ano. A cita será este sábado 7 de marzo, a partir das 15:30h no Recinto Feiral xalleiro. Veremos ata onde chegan os prezos, pois o ano pasado, a máis cotizada, a Alejandra, superou os 3.000€.
Charla en Vimianzo
Ademais, a Casa da Cultura de Vimianzo acolle unha charla para agricultores e gandeiros da comarca para a mañá do 17 de marzo (ás 11:00h) (compatible, pois arrinca o mesmo día pero pola tarde, co curso agrícola de Mazaricos). A cita, organizada pol Oficina Agraria Comarcal de Baio tratará sobre as Novidades da PAC 2015-2020.
Novas relacionadas
- Xornadas Polo emprendemento cooperativo no rural costeiro.
- Santa Comba arrinca un mes de marzo completo.
- 2014: As Xovencas de Santa Comba bailaron a ritmo de zumba:
- Camariñas recibe a Europa en clave de innovación rural.
- Os alumnos do EFA Fonteboa sacan o mellor do leite.
- Aprendendo a xestionar os recursos humanos no agro.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).