Martes. 08.10.2024
El tiempo

SEA presenta alegacións para que a Xunta asuma a súa competencia e faga o enlace co polígono de Vimianzo

Polígono Vimianzo, nave Estrella
SEA presenta alegacións para que a Xunta asuma a súa competencia e faga o enlace co polígono de Vimianzo

Continúan as administracións galega e central botándose os balóns no tellado contrario para conseguir darlle para adiante ao proxecto de ampliación do Corredor (que xa non Autovía) dos 5,5 km entre Baio e Vimianzo. Un proxecto que ten no enlace co polígono empresarial de Vimianzo o seu punto de discrepancia. Pendentes da reunión que a alcaldesa de Vimianzo vén de solicitar ca Xunta, hoxe coñecemos que a empresa semipública Suelo Empresarial de Atlántico presentou alegacións ante a falta de conexión do treito proxectado co polígono industrial de Vimianzo. Se a Xunta considera que debe ser competencia estatal, SEA ten claro que “é unha competencia da administración autonómica, titular da estrada”.

As alegacións, en todo caso, están encamiñadas a clarificar o ámbito competencial da conexión do polígono coa VAP, sempre dende un punto de vista construtivo e na búsqueda da maior colaboración entre administracións.

SEA argumenta que cando se puxo en marcha o polígono vimiancés, en 2011, o novo vial de conexión da autovía co parque empresarial non estaba incluido na normativa do proxecto sectorial nin no de urbanización que rexiu o políogono e, ”en consecuencia, require ser tramitado nos instrumentos de planificación fixados na lexislación sectorial de estradas”. “A titularidade sobre a Autovía da Costa da Morte e a súa prolongación, ao non constar que forme parte da Rede de Estradas do Estado nin ter condición estatal, é autonómica, mentras que é de titularidade municipal o sistema viario do parque empresarial”.

Pon ademais informe do “réxime de competencias, hai que partir da premisa de que a Autovía de referencia non é de titularidade estatal nin se integra na Red de Carreteras del Estado. Con base nisto, o artigo 148.1.5 CE establece a competencia exclusiva das Comunidades Autónomas en materia de estradas cuxo itinerario se desenrole íntegramente no seu territorio. Así o establece o Estatuto de Autonomía de Galicia”.

Ademais, poñen o exemplo da conexión da A-52 co polígono industrial de San Cibrao das Viñas, realizada pola Xunta.

Novas relacionadas

Comentarios