Solicitan a construción de beirarrúas na estrada de A Piroga a Baíñas


O BNG vimiancés vén de presentar unha moción para debatir no vindeiro pleno. Unha solicitude que parte dunha petición de veciños e veciñas da parroquia de Bamiro, que queren que se constrúan as beirarrúas no tramo de estrada entre A Piroga e O Ceán, pola estradas de Baíñas.
Esta petición ven asinada por un total de 94 veciños e veciñas destes lugares. Entre eles atópanse todos os propietarios dos terreos privados ao carón da estrada por onde se farían as beirarrúas. Coa súa sinatura na petición tamén tentan expresar a súa vontade na cesión dos terreos necesarios e a súa colaboración para facer a obra.
Para o BNG esta zona é moi utilizada polos veciños, tanto para ir á igrexa e cemiterio parroquial como para resolver os seus asuntos nos servizos que se prestan na Piroga, en Baio, no Ceán, ou en Bamiro.
Así, tendo en conta o denso tránsito de vehículos que cada día pasan por esta estrada que une Baíñas coa Piroga, compre reforzar a seguridade vial neste tramo, coa construcción das beirarrúas.
Novas relacionadas
- Denuncian a instalación do Parque Eólico do Monte Tourado por posibles problemas mediomabientais.
- O BNG de Vimianzo saca un novo boletín á rúa.
- O BNG vimiancés denuncia que a declaración pantasma de Cereixo como Porto Xacobeo é para aprobar o POL.
- Unha ollada ás obras nas parroquias de Vimianzo.
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Vimianzo.
- Nota de prensa do BNG de Vimianzo.