Tesouros de Berdoias (IX): Os Fornos
MOSTRA DO PATRIMONIO MATERIAL DA PARROQUIA DE BERDOIAS
CONSTRUCIÓNS DE TRANSFORMACIÓN DE GRAN: OS FORNOS (I):
SESENTA E CINCO FORNOS NA PARROQUIA DE BERDOIAS
Como é ben sabido, o forno de cada casa rural é o lugar onde se pon fin ó longo e laborioso proceso produtivo do pan, que vai desde a sementeira ata a colleita do cereal, pasando pola malla do trigo e do centeo na eira e pola esfolla do millo, e o almacenamento dos dous primeiros cereais nas tullas ou huchas da cabana e do segundo no cabazo, e despois coa transformación pola moenda dos grans no muíño para obter fariña. O proceso final viría co amasado e a cocción do pan.
O forno é unha pequena arquitectura circular abovedada, de pedra ou combinando pedra e ladrillo, e cun diámetro interior que oscila, na maioría dos casos, entre 0,70 m e 0,90 m. Na parroquia tamén os hai de máis de 1,00 m de diámetro, chegando ata 1,50 m o máis grande.
A súa presencia estaba xeneralizada, en casi todas as casas rurais da parroquia había un forno- nalgúns casos, dous- ubicados, as máis das veces, na cociña, a carón da lareira. Na actualidade, nos lugares da parroquia de Berdoias logramos localizar, até o día de hoxe, uns 64 fornos, que distribuídos por lugares quedarían así: Berdoias 18 fornos, Romar 11, Grixoa 8, Boallo 7, A Bouza 7, Sta Cristiña 5, Pedra do Frade 3, A Casanova 2, Rego dos Podres 2, e O Petón 1.
FORNO da casa vella da Serrama, en Berdoias co seu propio sistema de defumado
BOCA DO FORNO da vella casa das Rebeiras
BÓVEDA DO FORNO da casa do Patín, en Berdoias
BOMBO DO FORNO en Boallo
TESOUROS DE BERDOIAS
- Tesouros de Berdoias (VIII): Os Muíños.
- Tesouros da Parroquia de Berdoias (VII): Unha parroquia de 35 Eiras.
- Tesouros da Parroquia de Berdoias (VI): A Eira do Farruquiño no lugar de Boallo.
- Tesouros da Parroquia de Berdoias (V): A Eira do Carmelo.
- Tesouros da Parroquia de Berdoias (IV): A Eira do Buxán, en Santa Cristiña.
- Tesouros da Parroquia de Berdoias (I): A Eira da Rata
- Tesouros da Parroquia de Berdoias (II): A Eira do Sores, en Romar..
- Tesouros da Parroquia de Berdoias (III): A Eira de Rúa e a Eira da Gaia.