Un tractor derruba parte da capela de Santa Cristina de Berdoias

19:53 21/04/24
Este pasado xoves aparecía así a capela do fermoso lugar de Santa Cristina, na parroquia vimiancesa de Berdoias. Un tractor batía coa capela provocando o derrubamento dunha parte da fachada.
Segundo a Policía Local vimiancesa, que localizou o tractor causante da desfeita, entende que será o seguro o que pague polos desperfectos.