Luns. 14.10.2019
El tiempo

Un verán para coñecer, a través das visitas guiadas, o rico patrimonio vimiancés

Unha visita guiada aos Batáns do Mosquetín con Manolo Rial
Unha visita guiada aos Batáns do Mosquetín con Manolo Rial
Un verán para coñecer, a través das visitas guiadas, o rico patrimonio vimiancés

Mantén a nova corporación vimiancesa a aposta polo patrimonio e o turismo cultural. Así o refrenda o mantemento de Manuel Rial á fronte do departamento, ademais como guía da serie de visitas guiadas que permitirán espallar a “Historia viva” de Vimianzo durante todo o verán.

A partir do luns 15 de xullo e ata o 31 de agosto, todas as persoas que se acheguen a este municipio da Costa da Morte poderán participar dos roteiros pola vila e o castelo, os batáns e muíños do Mosquetín ou o castro das Barreiras e a ruta dos dolmens.

Tratando de consolidar a súa marca dentro do turismo cultural de Galicia, Vimianzo achégalle ao turista a posibilidade de coñecer de primeira man os vestixios históricos da zona tratando de ir máis alá do seu patrimonio máis recoñecible -o Castelo de Vimianzo recibíu máis de 30.000 visitante no pasado ano- e aproveitando as visitas sorpresas dos sábados para dar a coñecer os recursos patrimoniais das diferentes parroquias do municipio./p>

Estas actividades dos sábados tratarán de aunar o patrimonio menos recoñecible de Vimianzo cas novas formas de turismo, facendo actividades de turismo ornitolóxico, industrial ou astronómico en diferentes puntos do municipio.

Máis alá das propias visitas guiadas, mantense a oferta de visitas teatralizadas no castelo, todos os domingos ás 13 e ás 17 horas, da man do grupo Os Quinquilláns, que a través das figuras de dous criados da fortaleza, repasan todos os aspectos da súa historia.

Visitas Guiadas en Vimianzo 2019

Novas relacionadas

Comentarios