Venres. 26.04.2024
El tiempo

Tratando de datar o Cruceiro de Cheis

Cruceiro de Cheis 1
Tratando de datar o Cruceiro de Cheis

O Concello de Vimianzo comezou onte os traballos de recuperación do Cruceiro de Cheis. Un histórico cruceiro que terá que retirar para a súa restauración e datación.

O equipo conformado por dúas arqueólogas, Cristina Seoane e Mónica Montero; unha restauradora, Comba Torre e un canteiro, Ismael Cernadas, realizarán un estudo arqueolóxico integral, de restauración e tamén de tipo histórico-artístico, porque non están moi claras as datas de construción.
Existe documentación que fala do século XIV, pero tamén do XV e máis do XVI. Trátase dun abano temporal moi amplo e preséntase agora a oportunidade de poder contextualizalo a través da metodoloxía arqueolóxica.

Para iso, e dado que a estrutura presenta un deterioramento que fai necesario, como Ben de Interese Cultural, trasladalo ata a Escola de Bamiro para limpalo e consolidalo. Reporanse os anacos que lle faltan eliminando material sobrante.

Por outro lado, reconstruirase o perímetro de observación, retranquearase dous metros a cada lado e configurarase novamente o valado intentando respectar os liques para non alterar a paisaxe que circundaba o cruceiro orixinalmente.

Na excavación, no propio lugar de asentamento do ben, realizarase unha nivelación e conformarase unha nova zapata dependendo do sustrato existente. Si aparece rocha ou xabre, farase de argamasa, e senón, de cemento. Sobre esa peza colocarase un drentes, que é unha lámina que impide que as sales emigren cara arriba e afecte á pedra.

Existen tamén referencias que falan de pinturas, polo que a limpeza será moi paulatina para ver si poden atoparse este tipo de elementos.

Artigos relacionados

Comentarios