Martes. 23.04.2024
El tiempo

Vimianzo restaura os cruceiros de Casas Novas e Tufións

Cruceiro de Tufions e Casas Vellas en Vimianzo 3
Vimianzo restaura os cruceiros de Casas Novas e Tufións

Interesante acción de recuperación patrimonial do Concello de Vimianzo, coa restaurción dos cruceiros de Casas Novas e Tufións da man do equipo de Terra Arqueos. Tito Concheiro e Luís Francisco López valoran moi positivamente a aposta municipal por manter vivos estes dous centenarios Ben de Interese Cultural.

Descatan ademais o reto que supuxo utilizar para o de Casas Novas, técnicas de reconstrución que se utilizan nos Colosos de Luxor, en Exipto, debido ao seu alto estado de deterioro.

Así, tras máis de dous anos de traballos, quedaron situados nos seus lugares orixinais, a pesar do cambio do modelo de tráfico que temos vivido nos últimos 100 anos.

Como dato, lembran que na base do cruceiro de Casas Novas pode lerse a inscrición completa: “Se hizo por bonificación (por devoción) de Mourelle, año 1899”. Curiosamente aínda hoxe en Casas Novas reside unha familia con este apelido.

Cruceiro de Tufions e Casas Vellas en Vimianzo 2

Cruceiro de Tufions e Casas Vellas en Vimianzo

Novas sobre Cruceiros

Comentarios