Mércores. 01.12.2021
El tiempo

O Modesto Patrimonio: O Cruceiro do Alto de Gures

Mirador de Gures (1965) copia
O Modesto Patrimonio: O Cruceiro do Alto de Gures

As persoas maiores dos lugares de Gures e Ameixenda terán na súa memoria o primitivo cruceiro situado no alto do monte da Pena de Gures. Estaba situado próximo ao borde sur da estrada AC-550 e a uns 50 m. do lateral oeste da pista que conducía á factoría da baleeira, tendo de coordenadas UTM: 29 ETRS89, x= 487429; Y= 4752132).

Sospeito que este cruceiro facía de marco para separar o monte de Ameixenda co de Gures. Este último foi partido en parcelas veciñais a finais da década de 1950. Según comentarios, era un cruceiro similar ao que existía no lugar de Gures do ano 1783 que desapareceu en tempos da República.

Segundo comentarios veciñais este cruceiro sufrío tres atentados; o último, sendo cura de Ameixenda e de Brens D. Andrés Rodriguez Arjomil, que tratou de restauralo poñendo de vara un tubo de uralita reforzado con cemento e barras de ferro asentado sobre o primitivo pedestal de pedra. Este tamén foi derribado, levando a culpa os barrenos usados na canteira próxima de onde sacaban pedra para a Fenlla de Cee e o porto de Fisterra.

Cruceiro do Mirador de Gures (Cee) copia

Si observamos a foto vemos que sufriu varios golpes contundentes na base polo lateral este, caendo cara ao norte e quedando sin cruz. Próximo ao cruceiro tamén había un mirador protexido con balaustrada de pedra, con bonitas vistas cara ao sur, tendo como telón de fondo o Monte do Pindo. Este mirador quedou abandoado coa construcción dun novo desvío da estrada AC-550 o ter que rebaixar a cota do terreno uns 15 m., mellorando así o cruce para a praia de Caneliñas e o lugar de Gures. É una pena que este mirador no se restaure de novo para disfrute dos visitantes.

Mirador - copia 2

OUTROS ARTIGOS NO "MODESTO PATRIMONIO"

Patrimonio Pindexo

 

comentarios