Xoves. 12.09.2024
El tiempo

Última ocasión de coñecer o verdadeiro Vimianzo nas rutas culturais ao solpor

Última ocasión de coñecer o verdadeiro Vimianzo nas rutas culturais ao solpor
Visita ao Castro de Barreiras Ruta leste por Vimianzo

Esta derradeira fin de semana de agosto teremos a última ocasión de coñecer os tesouros do Val de Soneira nas rutas que artella o Concello de Vimianzo. A cita, o sábado 30 de agosto.

Desta vez, a visita guiada de Vimianzo realizarase polo seu lado leste:
Conxunto histórico-artístico de Trasouteiro-Vimianzo (capela, pazo, cruceiro, castro e escolas), dolmen de Pedra Cuberta e Pedra Moura, Serramo (igrexa e historia medieval do lugar), Paizás (cruceiro). Todo isto coma sempre, completado coas vistas de monumentos desde o propio autobus.


A visita é o sábado 30 e sae ás 7 da tarde do castelo de Vimianzo, e desde aí irase en bus. A ruta completa rematará entre as 9 e media e 10 da noite, aproximadamente.

Visita ao Pazo de Trasariz

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios