Un traballador resulta ferido en Vimianzo ao caer dende un alto
20:51 21/09/16
Un operario resultou ferido esta tarde ao caer ao chan dende unha altura cando se atopaba traballando na rúa Tras do Muíño de Vimianzo. Os servizos de emerxencias recibiron o aviso sobre as 18 horas e ata alí desprazáronse os equipos de Urxencias Médicas e de Protección Civil.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Axega