Vai de maiores por Vimianzo


Menuda a que se armou no Pavillón de Vimianzo esta fin de semana. Máis de un milleiro de maiores encheron o polideportivo no “XIV Xantar dos nosos maiores”. Un xantar que demostra o poder dos nosos maiores, i é que unha alta porcentaxe da veciñanza da Costa da Morte entra nesa categoría de idade.
Un xantar para o que os vimianceses tiveron que pagar, non como noutras vilas do país onde o goberno de turno invita a todo.
De relax por Sanxenxo

E rematada a festa do XIV Xantar dos maiores e tras un día de descanso, un centenar de persoas maiores de 60 anos do concello de Vimianzo saían hoxe pola mañá con destino a Sanxenxo onde pasarán 4 días de relax no Hotal - Spa Carlos I. A primeira das dúas saídas anuais que se organizarn desde a área de benestar social. Durante esta estancia de catro días, os participantes gozarán de tratamentos termais e dos circuítos dos que dispón o spa, así como de paseos pola vila turística por excelencia da comarca do Salnés. O xoves pola tarde emprenderán camiño de regreso á casa a onde chegarán á noitiña.
Novas relacionadas
- Os maiores de Cee tomaron o auditorio.
- Os maiores de Ponteceso volven coller o lapis.
- O Couto, un experimento universitario para salvar ás aldeas de todo o mundo.
- A Costa da Morte perdeu máis de 5.000 persoas na última década e 840 no último ano.
- 2012: Cada comarca da Costa da Morte perde un centenar de persoas ao ano.
- Europa aprende a envellecer activamente en Ponteceso.
- A Costa da Morte terá en 10 anos 213 maiores de 65 anos por cada menor de 20.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).