Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Varias prazas liberadas nos ciclos formativos do IES Terra de Soneira de Vimianzo

Varias prazas liberadas nos ciclos formativos do IES Terra de Soneira de Vimianzo

O IES Terra de Soneira ven de liberar varias prazas para a matrícula nos Ciclo Formativos, Medio e Superior da familia de Administración e Xestión. Ámbolos ciclos contan con 2000 horas de formación, equivalentes a dous cursos académicos, que inclúen un período de prácticas laborais en empresas. 

O IES Terra de Soneira ten asinados convenios de colaboración cun amplo abano de empresas da comarca, o que lle permite garantir ao seu alumnado as prácticas asociadas aos ciclos. Segundo indican, o centro goza dunha elevada taxa de inserción laboral no sector ao que orientan os seus ciclos. 

Para todos aqueles interesados en cursar algún dos ciclos, o prazo de matrícula remata o luns 27 de xullo ás 13:00 horas. Para máis información, contactar co centro a través da web do centro, chamando ao 881 866 519 ou enviando un correo a [email protected] .

Comentarios