Venres. 19.04.2024
El tiempo

Vimianzo abre unha Caseta da Igualdade

A concelleira de Igualdade e Benestar Social, María José Pose, a subdelegada do Goberno  en A Coruña, María Rivas, e a alcaldesa, Mónica Rodríguez, presentaron o IV Plan de Igualdade do Concello de Vimianzo
A concelleira de Igualdade e Benestar Social, María José Pose, a subdelegada do Goberno en A Coruña, María Rivas, e a alcaldesa, Mónica Rodríguez, presentaron o IV Plan de Igualdade do Concello de Vimianzo
Vimianzo abre unha Caseta da Igualdade

Ademais do Plan de Seguridade para as festas, o Concello de Vimianzo vén de presentar, xunto coa subdelegada do goberno, o IV Plan de Igualdade municipal que levarán as rúas do concello coincidindo cos festexos do Asalto ao Castelo.

Un instrumento, que permitirá, concienciar ás persoas e sensibilizalas. “Temos que ter unha ferramenta útil de traballo para lograr este obxectivo e este plan determinará esas directrices para acadar unha igualdade real no noso concello”, apuntou a concelleira María José Pose.

Trátase dun plan aberto, flexible dinámico, no que a participación de asociacións, entidades, corpos de seguridade, centros educativos, veciños e veciñas e o persoal do concello foi clave para a súa elaboración.

Hoxe luns 27 de xuño (20.30 horas) presentará oficialmente este plan á veciñanza abrindo a Caseta da Igualdade, como punto de información e de asesoramento en temas de igualdade. E coincidindo co Día Internacional dos Dereitos pola Diversidade LGTBI a caseta permanecerá aberta durante toda a semana do Asalto ao Castelo. Os veciños poderán participar nos diferentes obradoirosde deseño e estampado de camisetas, gorras ou chapas coa temática da igualdade, presenciar o contacontos ‘Planeta LGTBI’, ou utilizar o merchandising elaborado para a ocasión. O obxectivo é concienciar a toda a veciñanza da importancia de acadar unha sociedade igualitaria e dar a coñecer este Plan de Igualdade.

Novas relacionadas

Comentarios