Martes. 05.11.2024
El tiempo

Vimianzo acolle un congreso internacional sobre os procesos migratorios

Vimianzo acolle un congreso internacional sobre os procesos migratorios
A casa da Cultura de Vimianzo acolle entre o 4 e o 6 de outubro un congreso internacional baixo o título "Emigración e inmigración por razóns laborais no rural da Unión Europea" . O evento (que se enmarca dentro do proxecto «ERN4mob – European Rural Europe for Job Mobility», financiado polo programa Europa cos Cidadáns – Redes de Cidades 2015) está organizado polo concello de Vimianzo en colaboración co equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais da Universidade da Coruña (ESOMI). O congreso está dirixido ao público en xeral, e especialmente aos cidadáns involucrados nalgún proceso de mobilidade na Unión Europea (por motivos de traballo ou por xubilación, emigrantes na UE ou emigrantes retornados), familiares e amigos desas persoas e xente nova desempregada; tamén a todos os axentes sociais que traballan no ámbito da migración, a inclusión social e o emprego. Pretende reflexionar sobre a realidade actual en diferentes comunidades rurais europeas e sobre as causas que producen os distintos niveis de desenvolvemento e de oportunidades, e xeran os desprazamentos humanos; tamén dar respostas prácticas a cuestións relacionadas coa mobilidade europea, nun territorio como Vimianzo, caracterizado pola emigración (principalmente por razóns laborais e económicas), e presentar os resultados do proxecto ERN4mob e perspectivas de futuro. As persoas interesadas en participar nas actividades do congreso poden inscribirse gratuitamente cubrindo o formulario online, ou ben contactando coa organización a través do teléfono 981 716 001 / ext. 1220 ou no enderezo electrónico [email protected]. A data límite para a inscrición é o día 29 de setembro de 2017. ERN4mob-vimianzo Rosa Sánchez, Manuel Antelo e Marta Rey presentaron onte o congreso internacional que acolle vimianzo os días 4, 5 e 6 de outubro Programa Ao longo dos tres días, serán varios expertos na materia os que expoñan os seus relatorios en Vimianzo. Entre elas, estarán Laura Oso, profesora na facultural de Socioloxia; Juan José Lirón Lago, subdirector xeral de Emprego da consellería de Economía e tamén falarán distintos veciños e veciñas da zona en clave de testemuñas da emigración.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios