Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Vimianzo acolle unhas novas Xornadas Agro-gandeiras

Vimianzo acolle unhas novas Xornadas Agro-gandeiras

A concellería de Medio Rural do concello de Vimianzo organiza unhas xornadas técnicas agro-gandeiras. As xornadas distribuiranse en catro días e terán unha duración de dúas horas cada unha: de 11.30 a 13.30 horas. O encargado de inaugurar as sesións, o vindeiro xoves 9 de febreiro será Xesús Otero Antelo, técnico de cooperación agraria provincial, que falará sobre a xestión económica e os custes de produción de explotacións agro-gandeiras.

Na seguinte sesión, que terá lugar o xoves día 16 de febreiro, será Xavier López Vila, veterinario de Seragro, o encargado de falar da alimentación do gando. A terceira xornada será o xoves día 23 de febreiro, onde o veterinario de Agrosoneira, Albino Iglesias Varela, ensinaranos os seus coñecementos sobre reprodución animal e, na última sesión, o luns 5 de marzo, será Xavier Bermúdez Salgueiro, veterinario de Serivet SL quen fale da mamite e da calidade do leite no gando vacún.

A asitencia a estas xornadas é gratuita e non é necesaria inscrición previa, abonda con achegarse no día e hora sinalado á Casa da Cultura de Vimianzo.

Nova relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios