Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Vimianzo agradece a todas as persoas que fixeron posible o Nadal

Nadal de Conto en Vimianzo
UN Nadal de Conto en Vimianzo
Vimianzo agradece a todas as persoas que fixeron posible o Nadal

O goberno local do Concello de Vimianzo quere amosar publicamente os agradecementos a todas as persoas que fixeron posible o Nadal 2021-2022. Así, esténdense ao persoal voluntario na pista de patinaxe, responsables dos locais de comercio e hostalaría, AR Vidal, Policía Local e Protección Civil, Irma Macías, equipos técnicos, traballadores municipais, figurantes e a toda a veciñanza, así como ás persoas que se achegaron ata a localidade soneirá para gozar desta marabillosa época, “unha combinación perfecta para que se desenvolvese con total normalidade”, e sin os que “non sería posible nin tería sentido organizar un compendio de actividades cunha resposta maiúscula”, comentan desde o executivo.

Cantos de Nadal por Vimianzo con Irma Macias
Cunha programación que abrangueu actividades de toda clase, como os Cantos de Nadal polas parroquias, teatro, actividades divulgativas como as presentacións de varias publicacións, o concurso de postais, a cabalgata e mesmo o Duatlón de Reis, que se celebrou este domingo.

“Quixemos que todas as persoas do noso municipio, así como as da contorna que nos quixesen visitar, puidesen contar cunha ampla programación lúdica pero tamén cultural, e para iso contamos cun excepcional grupo de persoas que o fixeron posible”, subraian desde o departamento de Cultura. “Ogallá as vindeiras Festas sexan diferentes en canto a contexto sanitario se refire, pero temos que sinalar o excepcional comportamento de todos os axentes implicados na celebración das mesmas”, incide a alcaldesa, Mónica Rodríguez, quen aporta que “nada cobraría sentido si a resposta non fose tan responsable como o foi durante estas xornadas, e agardo que así o será sendo”, sentencia.

Pista de patinaxe

Pista de xeo en Vimianzo Nadal

A gran estrella do nadal foi a pista de patinaxe sobre xeo, que segundo o goberno tivo un impacto “tremendamente positivo”. Fixo doce turnos de 45 persoas cada día, isto é, a oportunidade de que máis de 11.000 persoas poidan desfrutar durante corenta e cinco minutos dunha actividade única na contorna. Persoas vidas desde Carral, Cambre, Santiago de Compostela, e tamén da contorna.

Comentarios