Venres. 03.05.2024
El tiempo

Vimianzo aposta un ano máis pola programación continua para adult@s e familias

Carballo 
Rosa Blanco-Maria Jose Pose e Nieves Lema Vimianzo 1
As concelleiras Rosa Blanco e María Jose Pose coa técnica e armadanzas do programa Nieves Lema
Vimianzo aposta un ano máis pola programación continua para adult@s e familias

Un exemplo de compromiso coa cultura o do Concello de Vimianzo, que segue apostando pola programación continua para encher o Auditorio da Casa da Cultura. O Concello vén de presentar a programación cultural de outono e inverno para pequenos e maiores. Un programa "completo e accesible" que chega do traballo de Nieves Lema, como recoñeceu a Concelleira de Cultura Rosa Blanco, e que este ano ademais contará co talento local como como Vicente Mohedano ou Soraya Lema. Ademais, o programa forma parte do circuíto Escena Norte por primeira vez.

Entradas

As sesións para adultos serán os sábados ás 20:30 horas, namentres que o ‘Outono rebuldeiro’ terá lugar os domingos ás 18:30 horas. Para as primeiras,  haberá un bono de 4 espectáculos a un prezo de 15 euros, no que non está incluído o mago Pedra Volta, que terá un custe de 10 euros e poderase mercar en www.woutick.es. O prezo dos espectáculos ‘Man morta’, ‘Misery’, ‘Testosterona’ e ‘Sen lingua’ será de 5 euros; 2,50 a entrada reducida. Serán de balde ‘As bestas’, ‘O bar de Chirivito’ e o documental ‘Cardoña fotos a 7 pesetas’. O prezo reducido aplicarase a maiores de 65 anos e estudantes, sempre e cando se acredite tal condición. A venda anticipada será en woutick.es ou na billeteira da Casa da Cultura, de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas. O día da función, na propia taquilla desde unha hora antes do inicio do espectáculo. Non se poderá acceder á sala unha vez comezado o acto.

No que respecta ó ‘Outono rebuldeiro’ a entrada será de balde, con reserva e ata completar aforo. Poderanse formalizar tanto en woutick.es como na billeteira da Casa da Cultura, de luns a venres de 9:30 a 14:00 horas. A taquilla estará aberta agás ‘As bestas’, que será ás 18:30 horas. 

Toda a info en vimianzo.gal.

PROGRAMA

Adulto

Programa Auditorio Vimianzo Outono Adultos 2023

  • 7 de outubro: ‘Entrega en man’, de Contraproduccións.
  • 14 de outubro: ‘Misery’, de Saltantes Teatro.
  • 15 de outubro: ‘As bestas’, Ciclo Nacional de Cine.
  • 28 de outubro: ‘O bar de Chirivito’, de Éche o que hai teatro.
  • 4 novembro: ‘Testosterona’, de Malasombra.
  • 11 de novembro: ‘Ilusionante’, de Pedro Volta.
  • 18 de novembro: ‘Cardoña fotos a 7 pesetas’, documental de Carlos Lorenzo.
  • 25 de novembro: ‘Sen lingua’, de Serea Produccións.

Outono rebuldeiro

Programa Auditorio Vimianzo Outono Infantil 2023

  • 8 de outubro: ‘Extra!!’, de Paco Nogueiras.
  • 22 de outubro: ‘Cartoons’, de Excéntricas.
  • 23-24 de outubro: ‘Aitana e a avoa, e outros contos violetas’, de Soraya Lema.
  • 24 de outubro: ‘Maxia para todxs’, de O Mago Pedro Bugarín.
  • 31 de outubro: ‘O castelo do terror’, de A Banda do Verán. 12 de novembro: ‘Conto-concerto’, de Xoán Curiel.

Comentarios