domingo. 18.05.2025
El tiempo

Vimianzo bate marcas con 1350 inscritos nas escolas culturais e deportivas

Vimianzo bate marcas con 1350 inscritos nas escolas culturais e deportivas
Actividades en Vimianzo

Fantásticas participación da veciñanza nas actividades das escolas municipais culturais e deportivas do Concello de Vimianzo. Ao longo de toda a semana da comezo unha ampla e variada oferta de disciplinas culturais e deportivas para todas as idades, moitas delas descentralizadas nas parroquias, para chegar deste xeito a máis usuarios. E son 1350 as persoas inscritas nas mesmas, 50 máis que o curso pasado.

O pasado sábado comezaban as actividades de guitarra, frauta, gaita, pandeireta, percusión, baile galego e bailes de salón, que se imparten os sábados; e ao longo da semana comezarán as demais cada unha no seu día correspondente. Tan só aeróbic, por un contratempo no monitor que o imparte, deberá esperar unha semana máis para comezar. 24 monitores imparten estas actividades que se desenvolven ao longo de 8 meses.

Nas actividades deportivas hai disciplinas unicamente para adultos como actividade física para maiores, aeróbic, pilates, ioga ou bailes de salón; outras só infantís como patinaxe artística, pequemotricidade, taekwondo, atletismo, baloncesto, fútbol e fútbol sala; e outras para adultos e nenos, como tenis de mesa ou tiro con arco. A novidade neste curso témolo na disciplina de patinaxe que levaba moitos anos impartíndose, mais agora pasa a ser patinaxe artística. Actividade física para maiores de 60 anos e aeróbic, que se imparten ambas as dúas en 8 parroquias superan a centena de inscritos, patinaxe e pilates son outras das actividades con máis éxito superando ambas so 75 inscritos.

No que se refire ás actividades culturais máis de 650 usuarios escolleron inscribirse nas 13 disciplinas que se ofertan: baile galego, frauta, gaita, percusión, pandeireta, guitarra, linguaxe musical e piano; panillo, debuxo, pintura, gravado, teatro ou as ludotecas infantís . Na maioría para alumnado infantil e adulto, excepto gravado e debuxo, que é exclusivamente para adultos, e piano e as ludotecas que son infantís.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios