Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Vimianzo cambian a Gala Solidaria por unha campaña de doazón de alimentos

Nadal Solidario Vimianzo 2021
Vimianzo cambian a Gala Solidaria por unha campaña de doazón de alimentos

Seguen sen ser tempos para galas multitudinarias como as que facían Cáritas e a Cruz vermella en Vimianzo. Pero para que a solidariedade non caia en saco roto, Concello e as dúas entidades suman forzas para artellar unha doazón de alimentos.

Vimianzo Solidario asinandoAsí o asinaron onte a alcaldesa, Mónica Rodríguez; María del Carmen Vázquez, directora adxunta de Cáritas e Rebeca Veiga, presidenta de Cruz Vermella.

A cita necesitará da participación do voluntariado que facilitarán a campaña, e por suposto, da solidariedade da veciñanza para achegarse ata as “caixas solidarias” dos supermercados, igrexas, centros educativos e centros sociais e depositar así alimentos non perecedeiros, produtos de limpeza e hixiene.

A listaxe vai desde leite, conservas, cereais, aceite, legumes, tomate, sopa, arroz, tomate ou papel hixiénico e xampú, entre outros.

Tamén está aberta a posibilidade de colaborar economicamente nesta acción, poñéndose a disposición da veciñanza a conta bancaria ES51 2080 0082 4130 0007 3452, e poderase solicitar un certificado a efectos fiscais antes do 31 de decembro en Cáritas ou Cruz Vermella.

Para máis información, pódese chamar a Cáritas no 686 05 05 85; a Cruz Vermella no 981 71 71 36 ou a Servizos Sociais do Concello de Vimianzo no 981 707 426.

Comentarios