Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Vimianzo conmemora o día internacional do orgullo LGBT

Vimianzo conmemora o día internacional do orgullo LGBT
O concello de Vimianzo sumase a celebracion do dia internacional do orgullo LGBT O concello de Vimianzo súmase a celebración do día internacional do orgullo LGBT O balcón da casa do concello de Vimianzo loce estes días unha enorme bandeira coas cores do movemento LGBT  - lesbiana, gay, bisexual e transexual - en sinal de apoio á celebración do día internacional do orgullo, que ten lugar hoxe 28 de xuño. Con esta acción súmase ás iniciativas de apoio ao movemento LGBT xa que, segundo indican dende o goberno municipal, "continúa a ser imprescindíbel a superación das barreiras e as desigualdades que sofren as persoas que forman parte deste colectivo". Neste senso, dende o equipo de goberno encabezado por Manuel Antelo, consideran que é responsabilidade dos representantes da cidadanía a de promover os cambios sociais para acadar a igualdade real para todas as persoas con independencia da súa orientación sexual para poder acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria. O concello de Vimianzo tamén desexa mostrar o seu apoio ás vítimas e o seu rexeitamento aos recentes atentados de Orlando (Florida) contra membros da comunidade LGTB nos que foron asasinadas 50 persoas.

Novas relacionadas

Fonte  

Comentarios