Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Vimianzo dá a coñecer a súa historia ‘do castrexo ao medievo’ da man de Tito Concheiro

Tito Concheiro EXPOSICION_VIMIANZO1
Tito Concheiro explicando no Castro de Barreiras
Vimianzo dá a coñecer a súa historia ‘do castrexo ao medievo’ da man de Tito Concheiro

O Concello de Vimianzo dá a coñecer a súa historia coa exposición ‘Vimianzo no tempo, do castrexo ao medievo’, que xa pode verse no Castelo e estará dispoñible ata o 31 de maio.

A inauguración correu ao cargo do arqueólogo Tito Concheiro, que estivo acompañado da alcaldesa do municipio, Mónica Rodríguez, a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Beatriz Pazos, o deputado de Patrimonio, Xosé
Lois Penas, e outros membros da corporación municipal.

A inauguración da mostra tivo lugar esta mesma mañá cunha visita guiada polo arqueólogo Tito Concheiro desde o Castro das Barreiras, do que o historiar destacou “o gran valor histórico e patrimonial deste conxunto, localizado nun punto único do municipio, o que o volve unha peza do máis especial”. Tras facer un breve repaso das características deste enclave, a visita continuou no Castelo.

EXPOSICIÓN_VIMIANZO4

EXPOSICIÓN_VIMIANZO3

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, destacou que “é un orgullo presentar a historia de Vimianzo e poder presumir do noso patrimonio, que nos coloca como un punto de interese turístico moi importante” . Ademais, quixo agradecer o esforzo e traballo de todas as persoas “que traballan a diario para manter a nosa historia viva e que poidamos gozar destas iniciativas, que serían imposible sen elas”.

Pola súa banda, o deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas, salientou o compromiso da Deputación con Vimianzo “vimos de asinar o convenio para manter a actividade no Castelo e nos Batáns e seguiremos traballando para poñer o noso grao de area en que a historia e o patrimonio de Vimianzo non se perda”.

Comentarios