martes. 10.12.2024
El tiempo

O patrimonio vimiancés, aberto por Semana Santa

  • O Concello organiza diferentes visitas guiadas polo patrimonio do municipio durante Semana Santa: Batáns do Mosquetín, Castro de Barreiras, porto de Cereirox...
  • Tamén se realizarán visitas teatralizadas e guiadas ao Castelo, onde estará dispoñible a mostra de Artesanía en Vivo e a exposición ‘Vimianzo no tempo, do castrexo ao medievo’.
SEMANA SANTA 2024 - VIMIANZO
O patrimonio vimiancés, aberto por Semana Santa

O Concello de Vimianzo, ademais de facilitar a conciliación familiar, organiza unha nova completa programación cultural para esta Semana Santa, con diferentes actividades co patrimonio do municipio como protagonista. As diferentes xornadas realizaranse desde este venres, 22 de marzo, ata o domingo 31.

O programa contempla as xa tradicionais visitas teatralizadas ao Castelo, que terán lugar o xoves, día 28, ás 12:30 e ás 17:00 horas; o venres, día 29, ás 17:00 horas; o sábado, día 30, ás 12:30 e ás 17:00 horas; e o domingo, día 31, ás 12:30 horas.

Realizaranse diferentes visitas guiadas a estes puntos:

  • Castelo de Vimianzo, do 23 ao 28 de marzo ás 10:30 e ás 18:30 horas; o día 29 ás 18:30 horas e o 30 e o 31 ás 10:30, ás 16:00, ás 18:30 e ás 19:30 horas.
  • Aos Batáns e Muíños do Mosquetín, do 23 ao 28 de marzo ás 12:00 e 13:00 horas.
  • Ao Castro das Barreiras, do 23 ao 28 de marzo ás 16:00 horas.
  • Ao porto de Cereixo, do 23 ao 29 de marzo ás 19:30 horas.

A maiores, o venres, 29 de marzo, ás 11:00 horas, haberá unha visita guiada polo arqueólogo Tito Concheiro ao Castro das Barreiras. Baixo o título ‘Vimianzo no tempo, do Castro ao Castelo’, o historiador dará a coñecer algunhas das grandes curiosidades respectivas a estes elementos.
A cativada de Vimianzo comezará o mes de abril xogando, xa que o día 1 deste mes, de 11:00 a 13:00 horas, poderá coñecer o municipio dunha maneira orixinal e divertida. Esta actividade está dirixida á rapazada de entre 7 e 14 anos.

Inscrición

 

As actividades son completamente gratuítas e haberá25 prazas en cada unha das visitas guiadas. As inscricións deberán formalizarse escaneando o código QR do cartel oficial do programa, sendo necesario completar este formulario.



Mostras e exposicións no Castelo

De xeito complementario, o Castelo será o escenario, do 22 ao 31 de marzo, da tradicional Mostra de Artesanía en Vivo. Poderá visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 horas.

Ademais, tamén acollerá a exposición ‘Vimianzo no tempo, do castrexo ao medievo’, do 22 de marzo ao 31 de maio de 2024.

Máis novas

Comentarios