Vimianzo e Zas abren procesos de selección para 27 postos de traballo


O concello de Vimianzo ten en marcha catro procedementos de selección para contratación dun total de 27, dous deles en colaboración co Concello de Zas, un para a contratación dun técnico de normalización lingüística e outro para a contratación de 8 persoas para unha brigada medioambiental. Os outros dous, especificamente para o Concello de Vimianzo seleccionan 16 peóns de desbroce para os núcleos rurais e dous socorristas para a piscina municipal.
Nos procesos de normalización lingüística e de péons de desbroce xa está pechado o prazo de presentación, desenvolvéndose neste momento o proceso de concurso-oposición. No caso dos socorristas e da brigada medioambiental aínda están en prazo de presentación de solicitudes, debendo para o procedemento das brigadas comunicar na oficina do Inem o interese en participar neste procedemento.
As bases destes procedementos poden consultarse na páxina web do concello de Vimianzo www.vimianzo.gal.
Fonte
- Concello de Vimianzo.