Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Vimianzo estreou o seu roteiro fluvial saudable

VIMIANZO_PRESENTACIÓNROTEIRO3
O técnico de Deportes Víctor Santos presentando o roteiro
Vimianzo estreou o seu roteiro fluvial saudable

O Concello de Vimianzo presentou na tarde do pasado venres 16 de maio, o seu Roteiro Saudable, realizado en colaboración co Centro de Saúde municipal.
No acto participaron a alcaldesa, Mónica Rodríguez, os concelleiros de Deportes e Benestar Social, Sergio Miñones e María José Pose, o técnico de Deportes, Víctor Santos xunto con Teresa Castro, xefa do servizo de atención primaria e Digna Rodríguez, coordinadora de enfermería do centro de saúde de Vimianzo. Foi o técnico de Deportes, o que explicou e sintentizou os aspectos técnicos do percorrido.

VIMIANZO_PRESENTACIONROTEIRO2

Trátase dun tramo deseñado e sinalizado co obxectivo de habituar á veciñanza en xeral e, particularmente, á poboación maior, a facer exercicio físico de forma regular como medio para a mellora da saúde e da súa calidade de vida.
O roteiro, de carácter circular, ten unha distancia de 3,7 quilómetros que transcorre fundamentalmente polo paseo fluvial e por rúas que rodean o núcleo urbano de Vimianzo, todas dotadas de beirarrúas e alumeado público para garantir, así, a seguridade das persoas usuarias.

A xefa do servizo de atención primaria, Teresa Castro, que destacou que este percorrido "teña referencias das distancias que está camiñando e dos tempos que fai cada persoa, o que lle permite ver a evolución que vai conseguindo.

Senda peonil na contorna do Rego de Cambeda

Durante a tarde inaugurouse tamén a senda peonil na contorna do Rego de Cambeda, que vai desde a rúa Vilar ata a avenida de Fisterra.
A actuación, financiada a través do Plan de Obras e Servizos POS+2019 da Deputación da Coruña, contou cun orzamento de 133.335,17 euros.

Durante a presentación, a alcaldesa destacou o “poder transformador da actividade física nas vidas das persoas, polo que é un orgullo presentar unha ruta que nos dá a coñecer os múltiples beneficios que ten e que nos mostra, a través de diversos puntos informativos, o que supón na nosa vida”.
Sinalou que está “deseñada especificamente para fomentar a actividade física dunha maneira segura e accesible para todos e todas, ofrecendo unha oportunidade única para camiñar ou correr ao mesmo tempo que se goza dunha contorna natural dunha beleza única”. Ademais, completou, é “unha mostra máis do noso forte compromiso co benestar da veciñanza, proporcionando, nesta ocasión, unha oportunidade máis de actividade deportiva a todas as ideades”.
Pola súa banda, o concelleiro de Deportes, Sergio Miñones, insistiu “nos infinitos beneficios da actividade física e de manterse activos en todas as idades” e resaltou que se trata “dunha oportunidade única para fomentar o deporte entre as persoas maiores, xa que é unha ruta completamente accesible”.

Comentarios