Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Vimianzo exporta patrimonio en Portugal para crear unha rede de vilas históricas europeas intelixentes

EuSAVE 2
Mónica Rodríguez, segunda pola esquerda, no programa EuSAVE
Vimianzo exporta patrimonio en Portugal para crear unha rede de vilas históricas europeas intelixentes

Celebrouse esta semana en Portugal o 5º Evento Internacional #EuSAVE. Un programa de coordinación transnacional, que pretende deseñar novas e innovadoras estratexias de desenvolvemento conxunto para vilas históricas, intelixentes e sustentables da Unión Europea. Son 40 concellos rurais de menos de 10.000 habitantes de oito países diferentes (España, Italia, Croacia, Bélxica, Portugal, Bulgaria, Letonia e República de Macedonia) os que participan neste programa.

Un dos concellos participantes foi o de Vimianzo, e a alcaldesa, Mónica Rodríguez, participou nunha das ponencias xunto a Luis Vitorino, presidente do Municipio de Marvão e Carlos Nogueiro, secretario executivo da Comunidade Intermunicipal do Alto Alentejo. A aposta continua do Concello vimiancés polo patrimonio foi a gran protagonista da sesión.

Rodríguez sinalou na apertura que “estar hoxe aquí no municipio de Marvão para poder amosar e falar dos nosos recursos é un privilexio. Temos a sorte de pertencer a lugares únicos e a singularidade de todos e cada un dos nosos territorios nos convirte en lugares moi ricos, a nivel patrimonial, en todos os ámbitos: paisaxístico, natural, gastronómico, histórico...”, subliñaba a alcaldesa, quen agradeceu “a Rosa Sánchez, Roxana Topciov e a o Departamento de Turismo do Concello de Vimianzo o inesgotable traballo durante todo o ano para poder facer realidade o estar hoxe aquí”, sentenciou.

Vimianzo EUSAVE 3

Comentarios