Venres. 29.03.2024
El tiempo

Vimianzo inviste máis de 500.000 euros en distintas obras de mellora

Vimianzo inviste máis de 500.000 euros en distintas obras de mellora
No Val de Baíñas construirase unha aula da natureza por un importe de 108.900 euros No Val de Baíñas construirase unha aula da natureza por un importe de 108.900 euros Melloras na casa do concello, construcción dunha aula da natureza, reparación do alumeado e do firme dalgunhas estradas,... son algunhas das obras que levará a cabo o goberno municipal de Vimianzo tras a demanda da veciñanza. En total destinaranse 541.909,63€ procedentes de distintos programas como o plan de cooperación de obras e servizos da Deputación da Coruña - POS - , o plan de aforro e investimento da Deputación da Coruña - PAI -, do Fondo de compensación ambiental da Xunta de Galicia - FCA - e de outras subvencións da Xunta de Galicia. Por unha parte, xa están formalizados os contratos para o arranxo e mellora do Muíño das Pasantes - POS -, reparación da cuberta e mellora dos accesos á casa do Concello - POS - e da mellora do firme da estrada Tines-Bamiro - PAI -. E, por outra, atópanse en proceso de licitación ou adxudicación os contratos para a mellora das beirarrúas en Pasarela - POS -, para a construción dunha aula da natureza na contorna da presa do Val en Baíñas - POS -, para a mellora das instalacións da antiga escola de Vilar de Cereixo - FCA -, para a mellora do alumeado da Piroga - FCA - e para construción dun Punto Limpo no parque empresarial de Vimianzo - subvención da Consellaría de Economía e Industria -. Outras melloras Ademáis destas actuacións están en fase de proxecto outras actuacións coma a mellora da pista polideportiva de Vimianzo, a realización da cuberta da pista de pádel municipal, a construción dunha pista polideportiva na contorna do campo de fútbol, a mellora das instalacións da escola unitaria de Carantoña, a mellora de parques infantís en Serramo, Treos, Bamiro, O Mouzo (Carnés) e Tufións (Cereixo), a construción dunha praza na parroquia de Cereixo e o arranxo de pistas forestais en varias parroquias.
  • Beirarrúas en Pasarela: 24076,28€
  • Muíño das Pasantes: 30213,7e
  • Aula da Natureza presa do Val de Baíñas: 108900€
  • Mellora acceso a casa do Concello: 25410€
  • Rehabilitación da escola de Vilar: 39688€
  • Mellora do firme na estrada de Tines a Bamiro: 104560€
  • Alumeado da Piroga: 59989,65€
  • Punto Limpo no parque empresarial de Vimianzo: 149072€
  Novas relacionadas Fonte    

Comentarios