mércores. 26.03.2025
El tiempo

Vimianzo liquida o orzamento do 2016 en positivo

Vimianzo liquida o orzamento do 2016 en positivo
antelo-e-mancebo-vimianzo Antelo e Mancebo durante a presentación dos orzamentos de 2017 o pasado mes de novembro

80.000€ é o superávit co que o Concello de Vimianzo pecha o orzamento de 2016. Cunha execución do gasto do 90% e unha execución dos ingresos do 105%, o Concello asegura ter cumprido coas regras de gasto e as obrigas de estabilidade orzamentaria que tan difícil fan a vida municipal.

A orixe do superávit débese por unha parte ao aumento dos ingresos, e redución de gastos, como por exemplo a redución do custo dos produtos químicos destinados ao Servizo de Augas, ou ao aforro en servizos de telecomunicacións.

O Concello queda cun remanente de Tesouraría positivo de máis de 115.000€, e ten un Periodo medio de pagos, de -13,99, se ben recoñecen que pagan as facturas en 16 días. Ademais, o Concello valora ter xa o Orzamento de 2017, aprobado dende novembro, por un montante de 5 millóns.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de VImianzo.

Comentarios