Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Vimianzo, moi presente nos Laboratorios Itinerantes de Cultura Dixital

Foto Laboratorio copia
Obradoiro con Illa Bufarda e un equipo vimiancés
Vimianzo, moi presente nos Laboratorios Itinerantes de Cultura Dixital

Onte remataban os obradoiros dos Laboratorios Itinerantes de Cultura Dixital, que contan co financiamento da Deputación da Coruña e conectan a profesionais do ámbito tecnolóxico co tecido asociativo para experimentar, de maneira colaborativa, coa creación de contidos dixitais.

Pechábase a edición co obradoiro Acción de Guerrilla coa produtora Illa Bufanda, no que participaron varias entidades de Vimianzo. No obradoiro de Creación Audiovisual, impartido por Merenda Creativa, participaron un variado grupo cun total de 15 persoas pertencentes a 10 entidades distintas do concello de Vimianzo: Afiprodel, Cruz Vermella, As Curandeiras, O Castelo, Pasatoxos, Cherinkas, Irmandiña, Berdoias, Neira Marcos de Salto e o propio Concello de Vimianzo foron as organizacións que se deron cita durante as sesións.

Nos Laboratorios Itinerantes de Cultura Dixital máis que o resultado final de cada proxecto, o que importa é o proceso que, neste caso, tradúcese nunha veciñanza participativa descubrindo como contarse a si mesma a través dos recursos que lle ofrece a contorna dixital.

Comentarios