Venres. 19.04.2024
El tiempo

Vimianzo prepárase para unha Muinhada tradicionalmente colaborativa

muiñada Vimianzo 2018
Imaxe da Muiñada doano pasado
Vimianzo prepárase para unha Muinhada tradicionalmente colaborativa

O muíño da Agra de Vimianzo volve á vida o sábado 19 de outubro nunha festa singular na que revivir o espírito dos anos corenta e cincuenta do século XX. Cea tradicional, artesanía, xogos, actividades para todas as idades e moita música e foliada completan unha festa que se vive desde as catro da tarde até a madrugada.

Tralo éxito do ano pasado, a organización volve colocar concerto de tarde, a partir das 19h abrirá o cartel musical o artista Xisco Feijóo. Como gran novidade haberá tempo para unha foliada infantil antes da gran foliada que, durante a cea tradicional, actúa como punto de xuntanza de grupos de música tradicional de toda a comarca. Xusto despois chega a noite de concertos cun cartel onde a música tradicional continúa a ser a protagonista con Pandeireteiras Sen Fronteiros (Pan sen Fron) e Os da Porfía. A Muiñada féchase cos cantares tradicionais a ritmo de rock de Astarot.

Concertos na Muinada de Vimianzo 2019

Prazos para inscricións para colaborar

A organización pide a colaboración veciñal para a realización desta festa, para a cal abre un tempo no cal se poden doar empanadas, participar na decoración do lugar e incluso tamén ofrécese a posibilidade de ser un local colaborador do evento a través dun novidoso sistema de bonos para particulares e PEMES.

Ademais, até dez días antes da celebración do evento estará aberto o prazo para todo aquel que queira realizar un micro-obradoiro ou demostración na festa ou participar como artesán, sempre que teña que ver co tradicional e co espírito da Muiñada.

MUIÑADA_Vimianzo_2019

Novas relacionadas

Comentarios