Vimianzo non para polo outono
Basta con achegarse unha fin de semana por Vimianzo para notar que está tremendamente activo durante este outono. Varios programas están mantendo viva a capital de Soneira e facendo que o pobo participe en cada proposta.
Un deles é o Outono Gastronómico, que combina os menús de outono con actividades culturais en todo o Concello. De feito, esta pasada fin de semana numerosos veciños quixeron probar de primeira man eses menús, e se achegaron a Casa Paco, en Pasarela, para tomar nota. Segundo nos contan, quedaron amplamente satisfeitos.
Tamén coa cultura
E outro dos programas que están mantendo viva a vila vai en clave cultural. Falamos da programación didáctica arredor da exposición de Antonio Nodar que comezaba onte con alumnos e alumnas de 1º, 2º 3º e 4º curso do CEIP San Vicenzo. O programa pretende achegar a obra deste coetáneo autor vimiancés aos máis novos do Concello. A vindeira cita será o vindeiro venres co alumnado de 5º e 6º e das escolas unitarias.
De magosto
E tamén en clave gastronómica, cómpre destacar que a Asociación cultural O Castelo de Vimianzo organiza o domingo 2 de decembro as 17:00h da tarde un magosto no centro cultural de Carnés. Haberá castañas gratis para todos e todas e obradoiros de maquillaxe e globoflexia para os máis cativos.
Novas relacionadas
- Vimianzo abre o seu Outono Gastronómico con menús, sobremesas da casa e moita festa:
- Os eixos do proxecto “Do mar a terra”.
- Vimianzo xa se pon de Nadal co concurso de postais.
- Viki Rivadulla: Dos retratos de Antonio Nodar aos autorretratos dos nosos gobernantes.