martes. 22.04.2025
El tiempo

Vimianzo participa nun foro internacional de Itinerarios Culturais

Vimianzo participa nun foro internacional de Itinerarios Culturais
O concello vimiancés tramita nestes momentos a súa inclusión dentro da ruta megalítica Europea O concello vimiancés tramita nestes momentos a súa inclusión dentro da ruta megalítica Europea. Imaxe: Concello de Vimianzo O alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, participa durante hoxe e mañá no V Foro Internacional do Instituto Europeo de Itinerarios Culturais que ten lugar en Aranjuez. A reunión analizará as conexións transnacionais de traballo das diversas rutas europeas culturais e amosará as experiencias na promoción turística, a educación do público máis novo, a preservación do patrimonio cultural e a participación entre os sectores públicos e privados a nivel local. Antelo participará en varias reunións da Ruta Megalítica Europea, xa que o concello de Vimianzo está tramitando a súa admisión, dentro Ruta Megalítica do Arco Atlántico. O alcade reunirase nestes días coa xerente da Megalithics Routes, Daniela Hauf, así como coa presidenta do Instituto Europeo de Itinerarios Culturais, Penelope Denú, e con varios alcaldes da Ruta Megalítica da Costa Brava, que igualmente están en proceso de adminisión do Itinerario Cultural Europeo da Ruta Megalítica. Neste sentido, cabe destacar que o concello vimiancés é a única administración pública galega que cumple cos requisitos esixidos para formar parte da Megalithic Routes, itinerario cultural certificado baixo a supervisión do Consello de Europa. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
  • Concello de Vimianzo

Comentarios