Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Vimianzo presenta un amplo programa de conciliación nos campamentos ‘Vimiverán 2024’

VIMIVERAN 2024
Vimianzo presenta un amplo programa de conciliación nos campamentos ‘Vimiverán 2024’

O Concello de Vimianzo presenta hoxe a programación oficial para os campamentos ‘Vimiverán 2024’, unha iniciativa que persegue favorecer a conciliación familiar e que os nenos e nenas que participen poidan aprender nun entorno lúdico e xogando. Este ano, como principal novidade, inclúese unha quenda que terá como fío condutor a astronomía, para que os máis pequenos e pequenas coñezan o ceo.

O campamento levarase a cabo de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas e ofrecerase a posibilidade de incorporarse ás 08:00 h da mañá, naqueles casos en que sexa necesario para favorecer a conciliación da vida persoal, laboral e familiar.

As persoas interesadas deberán realizar as preinscricións ben de xeito telemático ou ben na Casa da Cultura dende o 27 de maio ata o 7 de xuño. Terán preferencia os nenos e nenas empadroados en Vimianzo.

O sorteo de prazas terá lugar o día 11 de xuño, ás 12:00 horas, na sala conferencias da Casa da Cultura. Así, a formalización de matrícula e o pago de taxas estará habilitado do 13 ao 21 de xuño.
O prezo estipulado é de 50 euros por quenda ou actividade, agás na primeira, que o prezo é de 15 euros.

Comentarios