Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Vimianzo recibe a visita dunha delegación do municipio portugués de Alter do Châo

Vimianzo recibe a visita dunha delegación do municipio portugués de Alter do Châo
No medio dos actos da celebración da XXII edición do Asalto ao Castelo, unha delegación do municipio portugués de Alter do Châo - no distrito de Montealegre (Alentejo) -  encabezada polo seu alcalde Joviano Martins Vitorino, visita Vimianzo estes días. A delegación portuguesa chegará hoxe á vila vimiancesa e participarán na Cea Medieval no foso do Castelo. Xa mañá sábado o alcalde de Vimianzo - Manuel Antelo - ofreceralles unha recepción oficial na alcaldía ás 12:30 horas. Á tardiña e pola noite parciparán nas actividades organizadas para esta edición do Asalto, destacando o desfile das Irmandades parroquiais que se desenvolverá ás 19:30 horas. O municipio de Alter do Châo participa xunto co concello de Vimianzo no programa da Unión Europea ERN4mob que ten como obxectivo principal o de conectar as persoas de diferentes países da Unión Europea e máis alá da Unión que viven conxuntamente nas mesmas comunidades locais, para sensibilizar acerca dos seus valores e necesidades comúns, así como para promover o empoderamento das súas diferenzas sociais e multiculturais, a través da creación dunha rede de municipios rurais europeos para a mobilidade laboral que funcione a favor da integración social e laboral da cidadanía, co fin de lograr un crecemento intelixente, sustentable e integrador. Novas relacionadas Fonte

Comentarios