Venres. 26.04.2024
El tiempo

Vimianzo viviu unha fin de semana de bici, olería e arte urbana

Dia da Bici Vimianzo 2022
Dia da Bici Vimianzo 2022
Vimianzo viviu unha fin de semana de bici, olería e arte urbana

Completa foi a fin de semana na capital de Soneira. Olería, bici e muralismo maridaron á perfección e serviron para que a veciñanza estivese ben ocupada.

murais da pisicina Vimianzo
Pintando un mural na piscina

A Semana da Cultura Urbana de Vimianzo serviu para pintar de varios murais. Os talleres colaborativos de nenos e nenas de máis de 10 anos, encheron de cores espazos como o muro da piscina.

Ao longo da fin de semana, ademais houbo diferentes talleres de breakdance… na praza do Concello, pechando a semana co ‘Ópera Breaks’, un show que mestura a ópera da soprano Esperanza Mara (EmanArte) cos ritmos urbanos de artistas da ‘Vella Escola’ nun formato moi innovador.

Obradoiro de olería no Castelo

obradoiro CASTELO VIMIANZO2

Este sábado, ás 11:00 horas, o Castelo de Vimianzo acolleu o obradoiro ‘Modela co barro: a olería de buño nas túas mans’. A actividade, impartida polo Obradoiro Lista, formou parte da programación Artesanía en Vivo que desenvolve o Concello durante o verán.
O seguinte taller será ‘Aprende a encadernar e coser con coiro’, impartido por ASPADEX. Será o 27 de agosto ás 11:00 horas. As inscricións poden formalizarse a través da web municipal (vimianzo.gal/turismo).

 

Día da Bici

O Concello de Vimianzo viviu onte o seu IX Día da Bibicleta, unha proba que repetiu percorrido das derradeiras edicións. Con saída na praza do Concello e tras un pequeno itinerario polo núcleo urbano, as persoas participantes dirixíronse cara a rúa Vilar e a Avenida Finisterra en dirección Camariñas. Contou con case 100 persoas inscritas.

Casais, As Pasantes, Ogas e Cambeda foron algúns dos puntos do percorrido, para posteriormente continuar por Rasamonde, Tedín e Trasouteiro. En total, 11 quilómetros en pouco máis de hora e media na que pequenos e maiores puideron gozar dunha estupenda xornada.

Dia da Bici Vimianzo 22

Comentarios