Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Castelo mantense vivo

Artesanía en Vivo no Castelo de Vimianzo
O Castelo mantense vivo

Despois de Asaltar o Castelo, o pobo irmandiño manteno vivo a base de artesanía. A fortaleza soneirá ratifícase como espazo de alta intensidade cultural, albergando todo tipo de eventos.

Xa co gallo do XXV aniversario do Asalto, arrincaron as visitas teatralizadas, e o programa continúa este mesmo domingo, 10 de xullo, en quendas de 12:30 e 17:00 horas. As datas de celebración das visitas guiadas serán, ademáis deste domingo, o 17, 24 e 31 de xullo; o 7, 14, 21 e 28 de agosto e o 4 e 11 de setembro, tanto en horario de mañá como de tarde (12:30 e 17:00 horas). Os menores de idade deberán ir acompañados/as dunha persoa adulta. Son totalmente gratuítas.

Obradoiro Artesanía
Obradoiros de Artesanía

Así, este mesmo sábado tamén darán comezo as actividades de artesanía viva, cun obradoiro o día 9 de barcos e nasas, que dará comezo ás 11:00 horas a cargo de Chema Suárez. Haberá 12 prazas dispoñibles, sendo completamente de balde.
Para este mes, o día 16 de xullo celebrarase o taller de “Modela co barro”, ás 11:00 horas a cargo de Obradoiro Cambón; o 23 de xullo “Sopla o vidro” tamén ás 11:00 horas con Esther Ferreiro (para este tan só hai dispoñibles 8 prazas) e 0 30 de xullo “Panillada”, ás 17:00 horas coa Asociación de Palilleiras As Nemanquiñas.
Para agosto, o día 6, “Tecendo liño”, ás 11:00 horas coa Asociación de Veciños O Santiaguiño de Carreira; o día 13 de agosto “Arte en palla”, ás 11:00 horas coa Asociación Arte en palla de Baíñas; o día 20 “Modela co barro”, a partir das 11:00 horas con Obradoiro Lista; e o 27 de agosto a partir das 11:00 horas “Encadernación”, a partir das 11:00 horas con ASPADEX.

Para setembro, o día 3 a partir das 11:00 horas reservarase para o obradoiro “Encaixe”, coa Asociación de palilleiras As Nemanquiñas e o día 10 de setembro, un novo desfile do liño, ás 17:00 horas coa Asociación de Amigos do Liño de Galicia. As inscricións poderán realizarse a través do enderezo www.vimianzo.gal/turismo.

Visita nocturna

O sábado 16 de xullo, o Castelo albergará unha visita teatralizada nocturna, que dará comezo ás 21:00 horas. Poderase reservar praza en www.vimianzo.gal/turismo (apartado Castelo =>Castelo Vivo => Visitas Guiadas.

Comentarios